martes, 1 de marzo de 2011
bobo, elastico, oitos, do dereito, arroz...
Fai un tempiño comecei coa lá as voltas.
Comecei facendo unha bufanda amarela e gris duns ovillos que atopara na casa, pero esta lá resultou picar mais do que parecía no primeiro, e despois de abandoala por un tempo sen case haber chegado nin a metade, desfixemola.
Pero tempo despois decidín darlle outra oportunidade e fumos mercar lá desta que xa ela trae varias cores e porfín de aquí saíu a miña primeira creación.
Coas indicaciións da muller da tendíña merquei unhas agullas do 6 e un só ovillo para facer a bufanda, pero tamén me dixo que a fixera de corenta puntos... polo que tiven que rematar comprando outro ovillo máis e quedando unha bufanda dobremente ancha do habitual...
O caso é que o puco de rematares a bufanda, penso que nese mesmo día ou o seguínte, decidín facer unha manta, na que levo uns poucos mesiños traballando e o que me queda ;)
A idea é facer moitos cuadradiños de distíntas cores e puntos e unha vez teña os bastantes, unílos entre sí.
Neste momento teñoa aparcada, pero só un minutiño, porque ando a traballar nunha bufanda para un tio meu.
Haber se un día subo algo do que levo feito.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario